29/6/08

Danza das espadas





É unha danza de orixe remoto,que se baila á Virxe da Anunciada tódolos segundos fins de semana de Agosto.
Báilana 25 danzantes ou "mareantes";o primeiro é o "Capitán" e o último é o "Rabero".
A danza componse de varias figuras,sendo a máis característica "A Ponte" que serve de paso entre figuras.

Danza

Xogos cooperativos



• 20 de xuño, Festa Fin de Curso, “XOGOS COOPERATIVOS”. Este ano, planeamos a festa de remate de curso como unha xornada de convivencia de toda a Comunidade Educativa. Polo método de estacións, o alumnado e as familias foron pasando por todas as estacións .O realmente importante era o de xogar para pasalo ben. O final, bailaron os de sexto a tradicional Danza das Espadas de Baiona.

26/6/08

Periódico escolar







· 18 de xuño, xornal escolar, “A TARTARUGA”. O E.N.L. publicou un novo número do noso xornal escolar “A TARTARUGA”. Repartiuse entre todos os membros da Comunidade Educativa, achegando un exemplar a cada un dos centros educativos da Mancomunidade do Val Miñor.

22/6/08

Novidades


Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata desfeita, colle un conto na librería e alá van os andeis e os libros, ata na gardería respiran se Bertiño cae con febre. Bertiño pon patas arriba a consulta do pediatra… Divertido conto en verso de Ramón Caride, ilustrado por Chus Ferrín.
Recomendada para primeiros lectores.


O bastón dos desexos
Ramón Caride (Textos) e Manuel Uhía (Ilustracións)
Planeta & Oxford
Velaquí a fantástica aventura que viven Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato logo de atopar un bastón máxico. Mal podían imaxinar aquela tarde ao saíren do cine que acabarían perdidos en Australia e traballando nun circo...
Recomendado para 8 - 9 anos.

11/6/08

Consellos para escoller ben un libro


1.Coñecer os nen@s

Cada nena ou neno é un mundo.

2.Coñecer os libros

Hai moitos mundos que agardan nos libros.

3.Lerlle ós nen@s

Os nenos e nenas poden comezar a sentir os libros e os seus misterios antes de saber ler.

4.Ter libros na casa

O neno ou a nena debe estar afeito,dende moi pequeno,
a observar os libros como obxecto de uso común.

5.Falar dos libros

Transmitamos a outros a emoción da propia lectura.

6.Fiémonos dos ollos

Un libro bonito é,de primeiras,un bo libro.

7.Ir máis alá da vista

Non quedemos nas apariencias:hai tamén libros marabillosos que por fóra non o parecen.

8.Os libros son o mellor xoguete

Os libros serven para: ler,observar,sentir,pintar,escoitar,retallar...

9.É bo desexar o libro alleo

Sexamos xenerosos en compartir cos amigos os nosos libros máis queridos.

10.Un bo libro infantil é sempre un bo libro

A literatura infantil non só é a que len os nenos e nenas,senon que é a que tamén poden ler eles.

Recollido dun catálogo da Ed.Xerais