30/4/10

Coñecemos animais


Como remate a unidade didáctica "Os animais",os nenos/as de E.Infantil fixemos unha saída ás casas do arredor do cole,para coñecer os da nosa contorna.
Por iso,queremos agradecerlle a Susi,Rosa,Elena e Rosa María que nos abriron as súas casas e,a María que nos acompañara na nosa aventura.
Foi todo unha experiencia da que chegamos encantados ao cole.
Moitas grazas!!!.

29/4/10

Baleas e golfiños


Este traballo realizárono os alumnos/as de 6º de E.Primaria,despois de ler o libro, "Baleas e golfiños".
Libro que tiñan que ler no 2º trimestre,xa que estamos a traballar "O mar de historias".
Dámosvos a noraboa porque nos encantou o voso traballo.
Moi ben realizado!!!.

27/4/10

Visita ao Museo



O venres 23,fomos a Pontevedra os alumnos/as de 4º,5º e 6º acompañados polos nosos mestres.
Primeiro xogamos no parque infantil da Alameda.Despois visitamos a igrexa da Peregrina e unha praza na que estaban facendo un poema con libros no chan.
O museo ten moitas salas: época prehistórica,sala de acibeche,sala de pratería,sala de Sargadelos e debuxos de Castelao.
Pero o que máis nos gustou foi o camarote do almirante Méndez Núñez e as súas coleccións.
Foi unha visita moi completa e divertida.

Correo escolar



No "Día do Libro" o alumnado do 1º Ciclo de Fontes e Belesar intercambiaron uns marcapáxinas moi bonitos para marcar as súas lecturas.
Moitas grazas ao alumnado de Belesar polos seus agasallos.
Ata pronto!!

26/4/10

Teatro "Cormarín"


Teatro realizado polo alumnado do 1ºCiclo de E.Primaria e Mino no "Día do Libro".
Adaptación do libro "Cormarín" de Xoán Babarro González.
Un bonito libro para ler!!.
Os alumnos/as de 6º fixeron a presentación e falaron dos cormoráns.
Noraboa para todos/as polo ben que o fixeron.

Os nosos libros favoritos


Que son para tí os libros?
Estas son as marabillosas contestacións do noso alumnado:
.Unha cousa que na miña vida non pode faltar,cheos de debuxos e cousas para aprender e que nos poden axudar na vida de cada día.
.Son algo moi bonito que axuda a soñar.
.Son un tesouro.
.Unhas aventuras que te metes dentro delas.
.Aprender é divertirse.
.Moitas historias por descubrir.
.Son portas tridimensionais que me levan a outros mundos.
.Os mellores amigos.
.Compañía e alegría.
.Unha marabilla que atopas nas Bibliotecas.
.Son algo moi importante para ler pola noite.
.Para ler e disfrutar.
.Unha xoia,un regalo para min.
.Un mundo por descubrir,investigar e disfrutar.
.Son algo marabilloso que me fai compañía cando estou só e axúdanme a escribir.
.Un sentimento moi especial.
.Algo máxico.
.Un amigo máis.
.Son a vida,amigos verdadeiros e exemplos a seguir.
.Unha ilusión
.Son preciosos e tamén sorte de poder telos e lelos.
.Historias reais,sendo eu o protagonista.
.Unha inspiración,algo para pasar o tempo.
.Un xogo para aprender e para atopar información.
.Un museo de aventuras,segredos...
.Son fantásticos e que nos levan a moitos lugares do mundo.
.Algo moi importante.
.Aventuras inesperadas.
.Son para entreterme.
Parabéns para todos/as por ser os libros algo tan importante nas súas vidas.
Non esquezades nunca que os libros poden darnos moita compañía,pasar ratos moi divertidos e ser unha fonte moi importante de aprendizaxe e información.

24/4/10

Contacontos








Para celebrar o "Día do Libro" trouxemos ao colexio a Marisa Irimia e Juan Carlos Vázquez,para que lles contaran ao alumnado os contos: "As andanzas de Xan Farrapeiro" do autor Ramón Caride Ogando, realizado en kamishibai e "Vento son" inspirado na obra orixinal "A viaxe do vento pequeno" de Concha López Narváez.

22/4/10

Día do Libro


El 23 de abril de 1616 fallecían Cervantes, Shakespeare y el Inca Garcilaso de la Vega. También en un 23 de abril nacieron – o murieron – otros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta fecha tan simbólica para la literatura universal fue la escogida por la Conferencia General de la UNESCO para rendir un homenaje mundial al libro y sus autores, y alentar a todos, en particular a los más jóvenes, a descubrir el placer de la lectura y respetar la irreemplazable contribución de los creadores al progreso social y cultural. La idea de esta celebración partió de Cataluña (España), donde este día es tradicional regalar una rosa al comprador de un libro.

Lemos un conto




Os nenos/as do 1ºCiclo de E.Primaria,leron o conto "Cantas pingas na cidade" ao alumnado de E.Infantil na hora do recreo.
Ao rematar regaláronlle unha gota de auga para decorar nas súas clases.
Gustoulles moito esta actividade.
Parabéns porque o fixeron moi ben.

20/4/10

Animación á lectura



Preme na imaxe

Le connosco



Un libro interesante e adaptado a idade do neno/a,ou dedicar un momento diario á lectura son medidas que os expertos propoñen para lograr que os máis pequenos se interesen pola lectura.
Grazas a Celia por dedicar un rato do seu tempo a contarlles o conto "Chibos Chibóns" ao noso alumnado.
Bonito conto o que elixiu!!.

14/4/10

Libros en Abril

Despois dun longo sono, espertan e senten curiosidade polo que hai abaixo na cidade.
Lánzanse desde as nubes, comezan a caer: unha, dúas, tres...
Trata da loita dun home contra as forzas da natureza.

Esta historia fala de soidades: a de un vello lobo de mar no seu barco e a dunha balea que un día perdeu o seu grupo nunha tormenta.

Unha familia de gaivotas escaparon do frío dos acantilados e viñeron a facer o niño a Catedral.


Un ovo de cormorán escacha e sae unha cría que non quere voar, nin medrar, nin mergullarse.



No alto dunha montaña vivían un chibo chibón pequeno, con chiba pequerrecha e cornos moi curtiños; outro mediano, con chiba nin grande nin pequena e cornos nin curtos nin longos; e un terceiro grande, de chiba grandona e cornos longos e revirados.




Abezoo reúne fantásticos poemas para niños/as escritos por Carlos Reviejo.
Non esquezades que cando abrides un libro, podedes vivir aventuras fantásticas e coñecer lugares inolvidables.
Os libros están esperando que os abrades.
Animádevos!!!.

Feliz Día do Libro!!!.
23 de Abril