27/5/11

Arte en E.Infantil




Los niños de infantil hicimos :
Cuadros de Van gogh: la habitación y los girasoles
Piramide escalonada de Egipto
Templo de Kukulcan , Chichen Itzá, México.
El Bosque de Oma de Agustín Ibarrola, País Vasco.

Museo de Fontes





Visitamos o museo



O ARTÍSTICO É UNHA CUESTIÓN DO CORAZÓN.
O artístico é algo primixenio do ser humano, unha capacidade propia, con ela podemos vivenciar e dar forma a vínculos, relacións entre obxectos, situacións, pensamentos, sentimentos, formas,cores, sons e movementos.
A un pensamento, a unha carta, unha casa, unha conversa pode dárselles forma artísticamente.
Se alguén quere enfrentarse mellor ao futuro, o camiño educativo-artístico pode axudarlle a desenrolar novas forzas que van máis alá da vida cotiá, nun ámbito libre que non teñe as prescripcións, leis e condicións exteriores.
Todo o creativo é novo, unha e outra vez novo.
Este año o noso colexio decidiu ter o seu propio MUSEO ARTÍSTICO.
O alumnado convertíuse en escultores e pintores. Crearon grandes obras que todos/as poderedes admirar se visitades o MUSEO DE FONTES calquera tarde de 16:00h. a 18:00h. ata o 31 de Maio.

26/5/11

Visita a Casaplanta





VISITAMOS UN CENTRO DE XARDINERÍA

A finais de maio, o alumnado de E. Infantil e do primeiro Ciclo de E. Primaria, visitamos CASAPLANTA, un centro de xardinería no que non só venden plantas, tamén as producen. Nos eu viveiro da Ramallosa crían con mimo toda clase de árbores e plantas para xardíns, zonas verdes e interior.
Ao chegar ao recinto fomos recibidos por dous monitores- xardineiros: Tere e Xosé, que foron os encargados de mostrarnos toda a variedade de plantas e árbores que eles tiñan.
Como éramos 5o alumnos-as, dividímonos en dous grupos, pero ao final todos fixemos o mesmo percorrido.
Mostráronnos plantas para por no interior da casa como as violetas, begonias, orquídeas,cactos, aloe vera, costela de Adán, ... pero o que máis nos chamou a atención foi o bambú, por ser unha das plantas favoritas dos osos pandas e unha planta carnívora atrapadora de insectos. Que susto pasamos cando a monitora meteu un dedo nas súas follas!. Ademais, tamén xogamos a comparar plantas con animais ou cousas. Así había plantas que se parecían á pata dun elefante, outra a un percheiro para colgar a roupa...
Logo, achegámonos a zona das plantas de exterior:como os bonsais, que son árbores con moitos anos de antigüidade criados en macetas pequenas, as aves do paraiso, xeranios, hortensias, rosas, petunias e ata vimos plantas aromáticas coma a lavanda, menta, romero, tomillo,....
Despois fomos a zona das árbores onde vimos árbores de folla perenne como as coníferas, o loureiro ou o magnolia;e árbores de folla caduca coma o arce, pruno, castiñeiro de indias, o granado...
Por último fomos a unha horta , pero non nos ensinaron unha horta calquera, pois a súa horta era ecolóxica, é dicir, non lle botan á terra ningún abono mineral, pois este é malo para os produtos alí cultivados, Tiñan: fresas, leitugas, pementos, acelgas,....
Despois de dúas horas de intensas explicacións, saímos de Casaplanta, non sen antes recibir un agasallo: Unha planta e un catálogo.
Pero a mañá non rematou aquí, pois a continuación fomos a merendar ao parque da Ramallosa e por último, andando, achegámonos a praia da Ladeira. Que ben o pasamos!.

Excursión E.Infantil




Fuimos al teatro caixanova a ver la obra “guyi-guyi” que nos explicaba lo que le pasó a un una familia de patos que adoptó huebvo perdido qyue resultó ser de un cocodrilo.
Al terminar fuimos andando por Vigo y merendamos en la calle Príncipe.
Despues fuimos a la plaza de Portugal a jugar en el parque y descargar un poco de energía.
Por último fuimos al Museo de arte Contemporánea (MARCO) donde nos explicaron como es un museo y lo pasamos en grande en una exposición del autor, Martin Green, sobre globos.

20/5/11

Viaxe a Vilardevós




Saímos o 10 de maio cara a Vilardevós moi ilusionados-ás.
Alí recibíronnos con pancartas e karaoques.
Leváronnos ao Museo do Contrabando, da Castaña, a unha fábrica de foie de parrulo, a fornos con empanadas boísimas, fábricas de madeira, fervenzas impresionantes con camiños fluviais preciosos, á fábrica de auga de Cabreiroá, a un castelo, a unha igrexa onde as formigas van morrer en agosto, etc etc etc...
Ademais comíamos estupendamente no comedor do colexio e as familias dos nosos amigos/as de alí (agora xa para sempre) fixéronnos unha festa no albergue. Aquí durmiamos moi ben e reimos moito e ata celebramos o aniversario de Angel con torta e todo.

13/5/11

Novidades


Isto é París, un álbum cuxa edición orixinal data de 1959, é o primeiro destes títulos, unha peculiar guía de viaxe que homenaxea a capital francesa retratando, a través de textos sinxelos e divertidas e coloristas ilustracións, a personalidade e a atmosfera da cidade, os costumes das xentes, os cafés, os artistas, os xendarmes..., e tamén os seus espazos máis emblemáticos: o museo do Louvre, Notre Dame ou a Torre Eiffel, conformando un agradable paseo con pinceladas de humor e ironía. Unha viaxe interesante da man dunha obra cun recendo a clásico.


Isto é Londres. Esto es Londres es el segundo de los álbumes creados por el ilustrador checo Miroslav Sasek (1916-1980) dedicados a las ciudades del mundo, que recupera El Patito a partir de su edición original de 1959. La obra presenta, con una mirada brillante y cargada de encanto, un recorrido por la ciudad de Londres con el que disfrutarán tanto los pequeños lectores como los adultos por la exposición directa y sencilla de los textos y sus siempre sorprendentes ilustraciones. Sasek evoca el espíritu de la ciudad, que nos recibe con su característica niebla y nos despide con la lluvia, mostrando una completa información sobre sus gentes, la indumentaria, el transporte local, los parques, las plazas, el río, la hora del té, el caos de Piccadilly... Otro viaje de la mano de un clásico.



Mergúllate no extraordinario mundo dos animais e descobre 50 magníficas marcas. Sabías que o elefante é o animal terrestre máis pesado, que a tarántula goliat é 15 veces máis grande que o máis pequeno dos mamíferos, que o falcón peregrino voa máis rápido que un helicóptero e que a vieira ten máis de 100 ollos? Se queres saber máis sobre estes excepcionais animais e descubrir outras marcas, todas elas impresionantes, non tardes en mergullarte neste sorprendente libro. Magníficas fotografías acompañan un texto claro e cativador. Ademais, uns debuxos divertidos ilustran cada marca, conferindo a esta obra o seu carácter divertido e único. O mundo animal non deixa de sorprenderte!


El pequeño Nat y su familia vuelven un verano más a la casa que cada año han compartido con una enigmática anciana que acaba de morir. Aunque nada volverá a ser como antes, los niños descubren que la herencia que les ha dejado la mujer guarda un precioso secreto relacionado con su amor por los libros. Las ilustraciones de Dautremer componen escenas de luz y sombra muy inquietantes.


El álbum parte de un juego literario: un autor muerto y desconocido dejó escrita una obra de teatro que la autora del álbum (Rébecca Dautremer) ha rescatado y resumido para los lectores contemporáneos El texto teatral se reproduce a continuación, y dice así: Mariquita quiere disfrazarse para carnaval de «tortuga gigante de Galápagos», pero necesita a alguien que la ayude Por eso pregunta a un mosquito, un perro, un buey, un carnero, un erizo, un gorrión, una cabra, un pato y un conejo Cuando llega el gran día de carnaval, todos se quedan admirados y sorprendidos del disfraz que lleva, que no es otro que el de «mariquita de los claros del bosque».

Coñece Baiona


Este traballo realizárono os alumnos/as do 3º Ciclo de E.Primaria.

9/5/11

As viaxes de Alicia






Moitas grazas o CEIP de Covaterreña por achegarnos o material de "Alicia" ao noso colexio.
Decidimos facer unha exposición na Biblioteca con dito material,para que o noso alumnado na hora de ler se achegue a visitala.
Gustounos moito esta actividade.

Día de Europa



O 09 de maio de 1950, Robert Schuman presentou unha proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas. Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea. O 9 de maio, tornouse un símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa bandeira, o himno, a divisa ea moeda única (o euro), identifica a entidade política da Unión Europea .. Nas actividades do Día de Europa e celebracións son realizadas para achegar a Europa aos seus cidadáns e os diferentes pobos da Unión Europea.

Membros oficiales
O Banco Central Europeo é a entidade responsable da política monetaria nos 17 estados que compoñen a zona do euro. Son eles: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.

6/5/11

Novos libros


El príncipe de los Enredos siempre esconde en la manga alguna artimaña para salirse con la suya. Una historia inquietante, un texto poético y unas ilustraciones tremendamente expresivas, se unen en este álbum ilustrado de gran calidad.
Engaño, manipulación y vacío quedan ilustrados con tanta maestría que han hecho a este albúm merecedor del "Premio Lazarillo 2008 al mejor álbum ilustrado"



Fermoso, fermosísimo álbum ilustrado de OQO: O tren é de Silvia Santirosi con ilustracións de Chiara Carrer. Un libro que nos achega á perda dun ser querido, tan querido como unha nai para unha nena; esa terrible dúbida á que debe facer fronte o pai cada día; esa tremenda ausencia que cada día nos mira dende o ceo. Só o tempo axuda a mitigar a dor, e así nolo fará entender o texto.
Lene, suave, delicado... texto e ilustración foxen de dramatismos e mentiras para falarnos dun tema tan especialmente duro para a infancia.
Un dos álbums máis fermosos destes últimos tempos.
Lectores dende 8 anos.

4/5/11

Le connosco


¿Por qué hay que hablar bajito en la biblioteca?. Descubre cómo los buenos modales hacen que la biblioteca pública sea un lugar estupendo para todo el mundo.





Agradecémoslle a Ana Salgueiro e a David,alumno de 4º de E.Primaria,a lectura deste bonito conto.
Aprendemos a saber comportarnos nunha Biblioteca.