29/3/16

XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


Preme na imaxe para coñecer todas as actividades

27/3/16

Día Mundial da Saúde


Preme nas imaxes


Día mundial da saúde

O día mundial da saúde celébrase todos os anos o día 7 de Abril, para conmemorar o aniversario da Organización Mundial da Saúde en 1948. Comezou a celebrarse dende o ano 1950.
Cada ano elísexe para esta data un tema.
O tema deste ano é a diabetes, xa que está aumentando rápidamente en moitos países e sobre todo en países de ingresos baixos e medianos.
Mensaxes da Organización Mundial  da  Saúde( OMS )
1.             A epidemia da diabetes está aumentando moito en moitos países.
2.             Unha gran proporción dos casos de diabetes son prevenibles.
3.             A diabetes pódese tratar.
4.             Os esforzos por previr e tratar a diabetes serán importantes para alcanzar a meta do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 3 consistente en reducir a mortalidade prematura por enfermidades non transmisibles nunha terceira parte para 2030.
Os obxectivos principais da campaña son:
1-           Acrecentar a conciencia respecto o aumento da diabetes.
2-           Impulsar un conxunto de actividades específicas, eficaces e asequibles para facer frente a diabetes
3-           Presentar o primeiro informe mundial sobre a diabetes.

                       Fonte : Fundación para a diabetes

         Hábitos saudables

Para ter unha boa saúde é moi importante levar unha serie de hábitos que nos axuden a non enfermar.
1.             Levar unha dieta equilibrada.
2.             Facer exercicio físico.
3.             Descansar correctamente.
4.             Manter unha boa hixiene persoal.
5.             Evitar o consumo de substancias tóxicas (alcohol e tabaco )



Fuente: Maestra de Primaria

Outras páxinas


18/3/16

Mercadillo solidario


Mercadillo solidario - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


mercadillo solidario

Hoxe , organizamos un mercadillo solidario no noso colexio.
O alumnado trouxo xoguetes, libros  e material reciclado que xa non lles interesa e que lles pode interesar  a outros nenos/as .
Démoslles tantos vales como obxectos trouxeron para que eles merquen o que máis lle interese no mercadillo .
O  que pretendíamos é que se den conta do importante que é saber reutilizar contos, obxectos...dos que eles xa están cansados ou que xa non lles interesa e que poden interesarlle a outros compañeiros/as, dándolles un novo uso e pasar tan bos ratos como eles pasaron.
Ademais reducimos o consumo e estamos beneficiando ao medio ambiente que cada vez se deteriora máis. Todo depende de nós.
É moi importante ter en conta os TRES R : Reducir, Reciclar e Reutilizar.

Foi un gran éxito, porque todos /as marcharon moi contentos co que adquiriron.

4/3/16

Día do consumidor



Día Mundial do Consumidor 2016
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, celébrase todos os anos o 15 de Marzo.
Celébrase nesta data debido a que un 15 de Marzo de 1963, o presidente dos EEUU John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso do seu  país, sobre os dereitos dos consumidores. Uns  anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar todos os 15 de Marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Este día realízase co fin de aumentar a conciencia en todo o mundo sobre os dereitos que teñen os consumidores, promover e tamén esixir os seus dereitos fundamentais.


Consumo Responsable

. É moi importante pensar antes de mercar.
. Tomar conciencia da orixe dos produtos que se usan, como son e por quen están feitos.
.Ver á xente, por detrás de cada produto que mercamos.
. Estar ao tanto dos impactos sociais e  ambientales dos produtos que mercamos.
.Evitar artículos desechables , rechaza bolsas de plástico son mellor as de tea , papel...
.Consumir produtos que non teñan traballo exclavo ou traballo infantil.
.Non deixarse enganar pola publicidade.
.Pensar onde vai a terminar o produto que mercamos cando se convirta en lixo.
.Se non pagamos o precio real dalgún produto, sempre se paga dalgunha maneira , xeralmente é o medio ambiente coa sobreexplotación dos seus recursos naturais ou cunha maior contaminación .

Tamén poden pagala os traballadores coa violación dos seus  dereitos laborais ou con soldos indignos.
.Elexir produtos cuxa procedencia saibamos que cumpre estándares éticos máis esixentes ,como os produtos de comercio xusto.

É moi importante educar aos nenos/as para que practiquen un consumo responsable ,que entendan o que é o valor real do que se merca máis aló do prezo da etiqueta.
  ANTES DE MERCAR ,REFLEXIONA

Outras páxinas